

O lado nobre

Cando o pai da protagonista de O lado nobre ingresa no hospital cunha enfermidade autoinmune, dá comezo unha estadía que se prolongará durante meses de incerteza, complicacións e loita pola supervivencia. Entre analíticas, bacterias resistentes, illamentos e a dureza do sistema sanitario, a familia constrúe un refuxio de amor, complicidade e tamén moito humor para resistir nesa delicada situación.
Irene Lourido tece nesta novela un relato persoal e conmovedor, unha crónica íntima sobre os coidados, a dependencia e a fraxilidade da vida. Cun estilo directo e emotivo, os textos máis instrospectivos vanse fundindo con anécdotas de momentos vitais, nun exercicio de memoria e noutro de proxección ante a necesidade de atopar beleza e dignidade nos momentos máis difíciles.
O lado nobre é un testemuño valente sobre a enfermidade, pero tamén unha celebración da resistencia humana e da tenra relación entre unha filla e o seu pai, que nos convidan a unha xornada de portas abertas á intimidade que eles dous construíron ao longo dos anos.
Libros relacionados
Juego de espejos
Novela
Mensajes en tazas de café
Novela Romántica
Hasta que el calendario nos separe
Novela Romántica
Un invierno (in)esperado
Novela Romántica
En ese silencio
Novela Negra